Isabel Risco

Inicio Os artistas Isabel Risco

Actriz, clown e pedagoga teatral.
 
Comeza a súa andaina en grupos de teatro universitario da Coruña, na escola Casahamlet e asistindo a cursos monográficos con mestres como Eric de Bont, Jango Edwars, John Wright, Leo Bassi, Serge Nail, Kirko Koski, Alfredo Rodríguez, Tom Greder, Claudia Contín, Angel Burgos, Sophie Gazel, Carlo Colombaioni, Pablo Muñoz, Johns Pappila, Manuel Lourenzo, Carlo Bosso, etc.
 
Dende o ano 2000 participa en espectáculos profesionais nas compañías Ibuprofeno Teatro, Espello Cóncavo, Os sete magníficos máis un, Manicómicos e Produccións Desaqueloutradas, coas que ten participado nalgúns dos festivais de teatro e clown máis importantes da Península, e na compañía Maquinaria Pesada, con espectáculos de produción propia coma As Vingadoras ou Nabiza Girl & Unha Viaxe EspaZial. Desde o ano2001 forma parte da compañía Trinketrinke teatro, especializada en teatro infantil e dinamización da lectura.
 
No 2005 gradúase en Pedagoxía Teatral na Universidade da Coruña, aínda que vén desenvolvendo a actividade de monitora de teatro en colexios dende o 2001. No ámbito do audiovisual, traballa como actriz secundaria e protagonista en series como Padres Casares, A vida por diante, O Nordés, Air Galicia, Era Visto!, A Casa da Conexa,Os Caseiros ou Casa Manola, e outros programas da TVG como O Show dos Tonechos, En Péde Festa, Zapping Comando, Máxima Audiencia, Luar, A Solaina, Bum Bum Bumeran, HeichoCantar, Land Rober, Tourilandia, Land Rober Tunai Show, etc; ademais de realizar curtas,publicidade e algunha longametraxe, coma Os mortos van ás présas, Onde está a felicidade? 9 Ondas ou Pelegrinaxes.

RECOÑECEMENTOS

  • Na XII Edición dos Premios do audiovisual galego recibe o Premio Mestre Mateo á mellor interpretación feminina de reparto polo personaxe de Dona Hortensia en Era Visto! Producida por Zopilotes para TVG.
  • Na 26 edición do Festival de Teatro Galego do Carballiño, setembro de 2015, recibe o premio á mellor actriz polo seu papel n’O Furancho de Ibuprofeno Teatro.