Carlos Blanco

Inicio Os artistas Carlos Blanco

Cómo defi nir o que un fai…
Contar, actuar, sentir a respiración do público, as risas, o silencio…
Ver teatros cheos, coa espectativa do disfrute, sair, gozar.
Se vísedes o guap@s que estades cando rides…
O ben que vos senta na cara…
Cara adiante, a por novas propostas, será por ideas.
Mentres non vos cansedes de min, aí estaremos.
Vémonos calquera noite nun bar, nun teatro, na vida.
Saúdame sempre!

COMO ACTOR

Traballou en filmes como Heroína de Gerardo Herrero, Sé quien eres de Patricia Ferreira ou Cargo de Clive Gordon. Tivo un pequeno papel en Volver de Pedro Almodóvar, entre outros traballos cinematográficos.

En Televisión, múltiples series, protagonista de Una bala para el rey dirigida por Pablo Barrera para Antena 3, coprotagonizou a histórica serie “Mareas vivas” producida por Antón Reixa para TVG, e traballou noutras series como “Lobos”, “Os atlánticos”, “El comisario”, “Hospital central”…

Ten presentado múltiples programas e galas na TVG.

COMO AUTOR E DIRECTOR

Creador de múltiples espectáculos como “Directamente Paco I e II”, “Humor Neghro”

(Colaborando co músico guineano Manecas Costa), Dillei, Ordem e progreso, iLalelo! (colaborando co músico Budiño) ou Menú do Día, actualmente en cartel, batendo records de asistencia de público en Galicia, un espectáculo feito en colaboración co debuxante Luis Davila.

Autor de recoñecidos e celebrados monólogos humorísticos e director e co-autor do espectáculo “O país da comedia”.

PREMIOS

Premiado en múltiples festivais (Arjona, Alfas Del Pí, Cabra, Palencia, Girona…) polo seu traballo na curtametraxe Temporada 92/93 de Alejandro Marzoa.

Premio de interpretación masculina no Festival de Cans (O Porriño) polo seu traballo na curta “Mal de Sangre” de Pedro Díaz.

Premio Mestre Mateo ao mellor actor secundario por “Heroína” de Gerardo Herrero.

Traballou na radio máis de 15 anos. En Radio Galicia (SER), Ondas Galicia e a Radio Galega.

Premio Galicia de Xornalismo polo seu traballo no programa “Galicia en Goles” dirixido por Xesús Lodeiro.