Luís Dávila

Inicio Os artistas Luís Dávila

Luís Dávila Malvido, nado en Pontevedra en 1972 e criado en Bueu, é un deseñador gráfico, ilustrador e viñetista galego, coñecido polo seu traballo O Bichero para Faro de Vigo.

TRAXECTORIA

Estudou na Escola de Artes e Oficios Artísticos Pablo Picasso da Coruña. Comezou a traballar en Faro de Vigo facendo infografías, portadas de suplementos, deseño de páxinas interiores e ilustracións, para pasar logo a facer unha viñeta diaria.

Ten autoeditado seis volumes nos que se compilan os seus mellores debuxos cómicos.

  • O Bichero I, 2014.
  • O Bichero II. Outra ronda!, 2014.
  • O Bichero III. Non hai dous sen tres!, 2014.
  • O Bichero IV. Menudo día, 2014.
  • O Bichero V. Living a vida loca, 2015.
  • O Bichero VI. Ti sacha!, 2016.

Canda o actor Carlos Blanco Vila, fixo os espectáculos Menú do día e Menú da noite.

RECOÑECEMENTOS

  • Premio San Martiño de normalización lingüística (2014), convocado pola Asociación Cultural O Brado da Estrada.
  • Premio Xoán Manuel Pintos ao compromiso coa lingua na 6ª ed. (2016), convocado polo Concello de Pontevedra e a Rede Amiga da Lingua (REAL).