Caxade

Ligado desde neno á tradición musical galega, estudou acordeón no Conservatorio Profesional de Música de Pontevedra e Educación Musical e Posgraduado de Música Tradicional Galega na Universidade de Compostela. Gravou para os discos “Galiza Sons Folk” (2001, ed. Sons Galiza), “Roi Xordo” (2002, ed. Phonos), “Con Dignidade” (2003, ed. A Fábrica de Lus), “Son de Galiza: Recopilatorio de Música Galega” (2003, ed. A Voz de Galiza), “Isolma” (2008, ed. Cumio), Tiruriru (2009, ed. Falcatruada) e “Jazz”.
En 2005 consegue co Cuarteto Caramuxo o X Premio de Teatro María Casares á mellor música orixinal, polo espectáculo “Vento Mareiro” de Avelino González. En 2010 o 2º “Premio Opinión” co Cuarteto Caramuxo por “Tiruriru”. Logo de participar en gravación, colaborar ou tocar con grupos tan dispares en estilo como o grupo de folk Roi Xordo, ou de rock, creou o seu proxecto persoal Caxade en 2012 e xa é ben coñecido na música galega.