Xabier Deive

Inicio Os artistas Xabier Deive

Xabier Deive, nado en Narón o 14 de maio de 1970, é un actor galego que conta cunha ampla experiencia interpretativa. Ten traballado en multitude de curtametraxes a longas entre as que destacan as recentes En teoría (2006), de Lídia Fraga, xunto con Ernesto Chao e O menor dos males (2007), de Antonio Hernández, con Carmen Maura, Roberto Álvarez e Antonio Durán “Morris” entre outros.
 
En teatro participou en espectáculos coas compañías Caroza Teatro, Teatro Maltés, Ollomoltranvía, Galería Cía de Teatro e Uvegá Teatro. No medio televisivo destaca o seu papel n’A vida por diante, aínda que tamén colaborou con aparicións episódicas noutras series galegas como Mareas vivas, Galicia Express ou Pratos combinados.

FILMOGRAFÍA

Longametraxes

  • Jalisco (2001), de Francisco Piñeiro.
  • En teoría (2006), de Lídia Fraga.
  • O menor dos males (2007), de Antonio Hernández.
  • Las altas presiones (2014), de Ángel Santos.

Curtametraxes

  • La Mercería (Ana Rivero, 2000).
  • A Subela (Luis Avilés, 2002).
  • O derradeiro grolo (Olaia Piñeiro, 2003).
  • Septiembre (los amores jóvenes) (Ángel Santos, 2004).
  • Lobos (Dani de la Torre, 2004).
  • Mártires (Marcos Nine e Xosé Zapata, 2005).
  • Boa viaxe (Carlos Alonso Veloso, 2005).
  • Servizo a domicilio (Jorge Saavedra, 2005).
  • La ola (Javier García, 2006).
  • Bos días (Dani de la Torre, 2006).
  • Cicatrices (Jairo Iglesias, 2005).

Televisión

  • El Ministerio del Tiempo (2016) La 1
  • Águila Roja (2015) La 1
  • Serramoura (2014-) TVG. Como Pancho.
  • Piratas (2011) Telecinco
  • Matalobos (2009-2011) TVG. Como Diego Dourado Fontán.
  • Os Atlánticos (2008) TVG
  • A vida por diante (2006-2007) TVG
  • As leis de Celavella TVG
  • Galicia Express TVG
  • Mareas vivas TVG
  • Pratos combinados TVG

RECOÑECEMENTOS

Premios Mestre Mateo

  • 2006 Mellor actor A vida por diante Nomeado
  • 2007 Mellor actor secundario A vida por diante Nomeado
  • 2009 Mellor actor secundario Matalobos Nomeado
  • 2011 Mellor actor secundario Matalobos Nomeado

Premios María Casares

  • 2013 Mellor actor protagonista Gaivotas subterráneas Nomeado