Mago Teto

Inicio Os artistas Mago Teto

Viana do Bolo (1977).

O día 17 de maio do ano 1992 (día das Letras Galegas) o mago Teto realiza a primeira actuación pública no Instituto de Viana do Bolo (Ourense).
 
O Mago Teto é un dos magos máis veteranos e relevantes de Galicia a pesar da súa xuventude. Habitual na Televisión desde os seus inicios, goza de gran popularidade e recoñecemento. Ademais, falamos dun mago con espectáculos de rúa (coma “O Afiador”) ou de gran formato ( “A Maxia da Santa Compaña” e “Os anos 80 vistos polo mago Teto” ) e todoterreos como os seus clásicos “ Tolemaxias “ e “Perto de ti” . Organizador de festivais de maxia en diversas partes de España, Teto é un dos perfís máis completos e orixinais da maxia polo seu humor, personalidade e nivel técnico.

ESPECTÁCULOS

  • 1998 A Maxia dos Soños
  • 2003 Tolemaxias
  • 2006 Perto de Ti
  • 2009 A Maxia da Santa Compaña
  • 2010 O Afiador (espectáculo de rúa)
  • 2012 Novas Tolemaxias
  • 2013 Os anos 80 vistos polo mago Teto
  • 2014 A Feira máxica do Mago Teto
  • 2016 25 anos de Tolemaxias
  • 2016 Íntimo (A viaxe da miña vida)

PARTICIPACIÓN EN FESTIVAIS

  • 1996 Congreso Nacional de Maxia celebrado en Vitoria
  • 1998 Congreso de Maxia Portugués (Coimbra)
  • 2001 Semana do Humor de Silleda
  • 2003 Congreso Internacional de Maxia (FISM) (Holanda) - Semana Internacional da maxia Lugo Máxico
  • 2004 Hocus Pocus (Granada)
  • 2005 Tiempo de Magia (León)
  • 2006 Ingenio Mágico (Ingenio, Las Palmas de Gran Canaria)
  • 2007 MAGICLOWN (Ibiza) - Ingenio Mágico (Ingenio, Las Palmas de Gran Canaria)
  • 2008 Festival de magia (La Palma) - Ingenio Mágico ( Ingenio, Las Palmas de Gran Canaria)
  • 2009 Compostela Máxica (Compostela) - Los magos de Poniente (Valladolid) – Festiclown (Vigo)
  • 2010 LugoMáxico - Compostela Máxica (Compostela) - VI Encuentro de magos de Castilla La Mancha “Numangia” - II Festival Internacional de magia de La Granja ( Segovia)
  • 2011 Extremagia (Badajoz) - León vive la Magia ( León) - VII Encuentro de magos de Castilla la Mancha “Numangia” - Festiclown Palestina
  • 2012 LugoMáxico
  • 2013 Compostela Máxica (Compostela)
  • 2014 Festival Internacional de magia de calle (Miranda de Ebro) - Mes da Maxia na Mariña Lucense
  • 2015 10es Jornades de Mágia Impossible (La Canonja, Tarragona) - Extremagia ( Badajoz) - Vive la Magia (León) - Mes da maxia na Mariña Lucense
  • 2016 Festival Terra Máxica VII Festival de lo mágico y visual (Santander) - Festival Internacional de la Villa encantada (Cuéllar) - Festival Internacional de magia del Real Sitio (La Granja, Segovia) – Festival de magia de la Cúpula del Milenio (Valladolid) - Hocus Pocus (Granada)

PRODUCIÓNS

No ano 2004 o mago Teto crea a empresa Abracadabra Producións. Durante estes anos encargouse de varias producións relacionadas co mundo da maxia, destacando:

  • Produción e dirección artística da SEMANA INTERNACIONAL DA MAXIA DE LUGO “LUGO MÁXICO” (2004-2016)
  •  Produción do festival de Magia Villa de Ingenio na Illa das Palmas (Canarias) (2006-2009)
  • Produción do festival de la Palma (2008-2011)
  • Produción do festival de Maxia de Monforte de Lemos (2007-2013)
  • Dirección Artística do Mes da Maxia da Mariña Lucense (2011-2016)
  • Dirección artística “Noches de Fiesta” (Ponferrada )( 2014- 2016)
  • Coprodución con Culturactiva do festival “Terra Máxica” (Provincia de Ourense)

INTERVENCIÓNS TELEVISIVAS

Ao longo destes anos no mundo da maxia, Teto realizou numerosas colaboracións en diferentes canles de televisión, as máis salientables son: Desde Galicia para e Mundo (TVE 2), Estrelas (TVG), Pasarela de Estrelas (TVG), Supermartes (TVG), Pratos Combinados (serie da TVG), Toda unha vida (TVG), Galicia Enteira (TVG), A Noite en branco (TVG), Pequeño Hotel (serie da TVG), O rei da comedia (TVG), Dez magos no país das marabillas , A Revista, Antena 3 noticias, Está pasando (Tele 5), Acompáñenos (TVG), España directo (TVE), Miraxes (TVG), Zigzag (TVG), Tourilandia (TVG)…

FORMACIÓN

  • Membro da SEI (Sociedad Española de Ilusionismo dende o 1992)
  • Membro da FISM (Federación Internacional de Sociedades Mágicas dende o 1994
  • Membro fundador do Colectivo Máxico Waldemar (1997)
  • Membro da MPG (do 2006 ata o 2009)
  • Membro de ASILGA

Durante estes anos o mago Teto asistiú a seminarios dos magos máis relevantes do panorama mundial: Juan Tamariz, Rene Lavand, Jeff Tousaint, Dani Daortiz, David Williamson, Luis de Matos, Richard Sanders, Jonh Bannon, Josua Jay, Jean Phillipe, Kayto, Ivan Santacruz, Michael Ammar, Fin Jonn, Mago Migue, Woody Aragón, Jeff MacBride, Hayassy, Jim Pace, Manuel Muerte, Henry Evans,….