Os Quinquilláns

Inicio Os artistas Os Quinquilláns

Desde 1989 é compañía de teatro infantil e de rúa. Nos últimos anos especializouse no Teatro Histórico e nas Visitas Teatralizadas realizadas por todo o País adaptándose a todo tipo de espazos e temáticas (PAAR Campo Lameiro, Castelo de Vimianzo, Torres do Allo, roteiros literarios ..) A compañía desenvolve tamén traballos para a Editorial Galaxia con campañas específicas de divulgación da lectura como o Espantallo Amigo de X.Neira Vilas e Cousas de Castelao.

TERO RODRÍGUEZ

Titulada en Arte Dramática na especialidade de Dirección de Escena pola Escola Superior de Arte Dramática de Galicia e cunha ampla formación en cursos intensivos. Premiada en concursos de escrita dramática coma o da Romaría Viquinga organizado polo Concello de Catoira e en Certames do prestixio de GZcrea onde as montaxes que ela dirixiu conseguiron galardón nos anos 2007 e 2008. Participou como actriz ou na dirección en montaxes de compañías como Teatro da Falúa, Nobicarelo Teatro, Lagarta Lagarta, Fantoches Baj, Cordayre… Desde o ano 2009 asume labores de dirección e interpretación nas montaxes de Os Quinquilláns Teatro.

LUCHO PENABADE

Licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa. É titular da compañía Os Quinquilláns desde 1989, sendo autor, director e actor de máis de 30 montaxes da compañía e participando habitualmente nas producións das compañías Volta e dálle, Teatro Babaluva, e como actor para Fantoches Baj, Luafilmes e Editorial Compostela entre outras. Ten dirixido montaxes para a Romaría Vikinga de Catoira e a Fundación Eduardo Pondal, así como para eventos como Muros Mira o Mar. Traballa acotío con compañías de teatro amador con todo tipo de idades e leva cinco espectáculos estreados neste ámbito.