Mónica de Nut

Inicio Os artistas Mónica de Nut

Licenciada en canto pola Escuela Superior de Canto de Madrid, especialidade de Escena lírica. Titulada en canto no Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Diplomada en Maxisterio Musical pola Universidade de Vigo. Estudios de jazz en Escola Estudio de Santiago de Compostela e no Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra. Estudios de canto tradicional na Etrad de Vigo e con Mercedes Peón. Formación corporal e danza con Mónica García, Rut Balbís, Isabel Sánchez e Leodán Rodríguez.
 
Tres discos publicados como solista (Mónica de Nut Trío no 2011, Dos Fíos invisibles chegan as cores no 2014, Raíces Aéreas no 2016) e colaboracións con agrupacións de folk, jazz, música tradicional, música clásica, contemporánea e montaxes de ópera e teatro. Experiencia en teatros e festivais nacionais e internacionais.

Froito da súa formación e experiencia, o seu xeito de cantar caracterízase pola creatividade, o eclecticismo, a experimentación e o carácter difícil de encasillar nun estilo musical concreto así como a interacción con outras artes escénicas: danza, teatro, performance...

RECOÑECEMENTOS

No 2012 o seu primeiro disco en solitario, Mónica de Nut Trío, foi considerado mellor traballo discográfico de jazz español segundo DistritoJazz.

Foi premiada polo Festival Internacional de Arte de Sapporo, Xapón 2014 pola interpretación da obra do compositor Karolis Biveinis Voicing (III parte), pola que recibiron un Silver Award da man de Ryuichi Sakamoto, director convidado do festival.

No mesmo ano o seu disco Dos fíos invisibles chegan as cores foi seleccionado como mellor proxecto musical na categoría de Músicas do Mundo, nos Premios Martín Códax da Música Galega, e mellor disco de jazz español segundo Estrella Galicia Club 1906.

No 2015 foi finalista do María Casares de Teatro á mellor música escénica pola obra Kassa da compañía Elefante Elegante, e no 2016 foi gañadora desta categoría pola música da obra Manawee da compañía Matrioshka.