Ánxela Blanco

Inicio Os artistas Ánxela Blanco

COREÓGRAFA

Dirección de movemento e coreográfica do desfile da Cabalgata de Reis da Coruña 2014, xunto a Carolina Fernández (50 intérpretes). Dirección de movemento e coreográfica da Gala de Manicómicos 2014 (35 persoas en escena,) Coreógrafa dos espectáculos: “Olivia necesita verán”, “FUME” (ca axuda de Rut Balbís), “Sobre Rodas”, “Seseo” (xunto a Alfredo Pérez), “¿Qué pasa aquí?” (xunto a Armando Martén e Caterina Varela), “Descarriadas”, “El ramo y el piano”, “Alumbramiento”, “Secretos” (xunto a David Edreira) e “Espacio convexo” (xunto a Julia Armesto).

INTÉRPRETE E CREADORA MULTIDISCIPLINAR

Espectáculos en xira: “Ulises e a nena durmida” (danza-teatro-circo, creación propia); “Os contos de Andersen” ( actriz de texto, comedia do arte e acrobacias no espectáculo infantil da compañía FLAT), “Olivia necesita verán” (danza-teatro, creación propia), “FUME” (sombras cinema e danza, creación propia), “Sobre Rodas” (teatro físico, danza e acrobacias. Compañía Sobre Rodas), “O bosque móvese” (danza-teatro para bebés. Crearte), “IN” (teatro físico e danza. Compañía Elefante elegante).

Outros traballos: “Os Bolechas” (actriz presentadora da 1ª e 2ª tempada na TVG2. Lúa fi lms), “Galicia Canibal” (bailarina do musical. Filmanova), “textil sonoro” (performance. Sinsal e Alice Santoro), “Desvelada” (Performance, creación propia), “Seseo” (danza-teatro e acrobacia. Fredi e Cia.), “¿Qué pasa aquí?” (danza e teatro físico. Cia Entremans), “Descarriadas” (danza-teatro, creación propia), “Movementos en ruta” (danza. Juirj Konjar e Carlota Pérez), “El ramo y el piano” (danza-teatro, creación propia), “A saúde da lingua” (teatro. Grupo de Teatro do oprimido Manicómicos), “Escoitar” (impro-danza. Entremans e Carlos Suárez), “Magma” (danza-contact. Micadanse, performance de Sthéphane Fratti), “Danza na terra” (bailarina da videodanza. Dirección de Xosé Vilaboy e Cia. Pisando Ovos), “Alumbramiento” (danza, creación propia), “Secretos” (danza, creación propia xunto a David Edreira), “Espacio convexo” (danza, creación propia xunto a Julia Armesto). Diferentes pasarúas e caracterizacións.

PEDAGOXÍA

Profesora de danza contemporánea e danza-teatro (na aula de danza da UDC, Asociación cultural Manicómicos, Circonove..). Expresión e movemento a través do teatro de sombras (institutos, campo de refuxiadas Saharauis..), danza e teatro en familia (Asociación Manicómicos, diferentes escolas), unidades específi cas para exposicións e datas sinaladas.

Unidades expandidas a partir das obras escénicas, para traballo con adolescencia e outras comunidades sensibles.

FORMACIÓN

No ámbito artístico, estudiei danza con: Beatriz Pérez, Armando Martén, Carlota Pérez, Bárbara Monteagudo, David Loira, Daniel Abreu, Laura Aris, Jorge Jáuregui, Les Slovacs, Sol Picó, Stéphane Fratti (técnica contact), Lipi Hernandez (técnica release), David Zambrano (técnica “flying low”). Juscka Weiguel, Carey Jeffreis e Hisako Kurokawa (danza butoh). Mita Beutel e Guido Tuveri (psycodanza). Deltebre international workshop 2007,2009.

Outras disciplinas: Ximnasia deportiva (club Seldom), creación escénica con Guillermo Weickert, Marta Carrasco e Ana Vallés. Teatro físico con Kirenia Martínez, técnica vertical con Simone Romano. Improvisación teatral e Gromelot (linguaxe imaxinaria) con Anna Cottis e a Cia Bazart’s thèatre. Canto con Ramón Bermejo e Carmen Rey. Respiración co mestre Jacques Garros.

RECOÑECEMENTOS, BECAS E RESIDENCIAS

  • Premio nacional INJUVE á creación escénica xove, e Premio Emprendedora da UDC por “FUME”, 2012.
  • I Premio II Festival de danza urbana a Coruña por “Espacio convexo”, 2005.
  • Beca Fondo 0.7 da OCV (Universidade da Coruña), proxecto “expresión e movemento a través das sombras” en Arxelia, Tindouf, 2011-2012.
  • Beca de perfeccionamento de estudios artísticos no estranxeiro, Deputación de A Coruña 2010.
  • Beca alumna sobresaínte, Stage Internacional Anna Maleras, Barcelona 2010.
  • Residencias artísticas do CCG, NORMAL, Fundación Luís Seoane, (2010-oxe).
  • Campiona galega en ximnasia deportiva (1996,1997).