MENÚ DA FALA

Trátase dunha das pezas máis potentes de toda a proposta. Carlos Blanco e Luís Davila son dous piares básicos do humor do país. Posiblemente os dous máis importantes no eido do humor narrado e do humor gráfico respectivamente. Unha mestura inesquecible de palabra e imaxe que vén de crear dous espectáculos realmente divertidos e diferentes.
 
Nesta xira ambos crean novo material e adaptan outros xa existentes para crear un espectáculo único e inesquecible con referencia ás figuras de Castelao, Irmandades da Fala e Manuel María, amosando a súa incrible capacidade para faceren rir, adaptarse,integrar e facer humor con selo e calidade de país.