Novidades

Inicio Novidades A "Gala da Irmandade" actúa en Betanzos este venres

A "Gala da Irmandade" actúa en Betanzos este venres

O DAC_OutonoCultural, o programa de espectáculos que desenvolverá os meses de novembro e decembro a Deputación da Coruña para achegar as figuras de Castelao, Irmandades da Fala e Manuel María a un público de todas as idades en 18 concellos da provincia, representará o venres 25 de novembro ás 20.30 h na Aula de Cultura Xulio Cuns de Betanzos un dos seus pratos fortes, a "Gala da Irmandade”.

O pasado mércores, 23 de novembro, a actividade estivo dirixida aos nenos e nenas dos centros de ensino da localidade, coa obra “O Conto de Barriga Verde” no Auditorio do Liceo ás 10.00 horas para alumnado do CEIP Vales Villamarín e “Retrincos de Castelao” ás 12.30 horas no salón de actos do IES Francisco Aguilar.