Novidades

Inicio Novidades Galas esta fin de semana en Melide e Ordes

Galas esta fin de semana en Melide e Ordes

O DAC_OutonoCultural, o programa de espectáculos que desenvolverá os meses de novembro e decembro a Deputación da Coruña para achegar as figuras de Castelao, Irmandades da Fala e Manuel María a un público de todas as idades en 18 concellos da provincia, representará o vindeiro domingo 27 de novembro o “Menú da Fala” na casa de cultura en Melide, ás 19.30 h. e a “Gala da Irmandade” no Auditorio da Casa da Cultura de Ordes, ás 20.00 horas.

 

 

Os centros de ensino de Melide tamén poderán gozar o 13 de decembro das obras “O Conto de Barriga Verde” e “Retrincos de Castelao”, a primeira no auditorio do concello ás 10.00 horas para os nenos e nenas do CEIP nº 1 de Melide, e a segunda ás 12.30 no mesmo lugar para os alumnos do IES nº 1.

O pasado luns 21 de novembro, os rapaces de Ordes tamén poideron gozar coas obras, que foron representadas nesta ocasión na Casa da Cultura da localidade, para os alumnos do CEIP ADR Castelao e do IES n1º de Ordes.