Novidades

Inicio Novidades As Pontes vibrou o sábado coa Gala da Irmandade

As Pontes vibrou o sábado coa Gala da Irmandade

Os centros de ensino da localidade xa puideron gozar coas obras “O Conto de Barriga Verde” e “Retrincos de Castelo” o pasado luns 28 de novembro

O DAC_OutonoCultural, o programa de espectáculos que desenvolve a Deputación da Coruña para achegar as figuras de Castelao, Irmandades da Fala e Manuel María a un público de todas as idades en 18 concellos da provincia, representou o sábado 3 de decembro ás 19.00 h no Auditorio Cine Alovi de As Pontes un dos seus pratos fortes, a "Gala da Irmandade”, con entrada libre até completar aforo.

 O pasado luns 28 de novembro, foron os escolares dos centros de ensino CEIP A Madalena e IES Moncho Valcarce os que puideron gozar na Casa do Peso do concello das obras “O Conto de Barriga Verde” e “Retrincos de Castelo”. E o vindeiro luns 19 de decembro poderán facelo os nenos e nenas do CEIP a Solaina e do CPI O Feal de Narón trasladándonse ao Pazo de Cultura da localidade.

“A Gala da Irmandade” con Andrés Penabad

Baseándose no ideario e a historia das Irmandades da Fala, A “Gala da Irmandade” traslada á rúa esa marabillosa unión, forza e sinerxía que supuxeron para o país as Irmandades, unindo artistas de renome en diferentes artes e disciplinas até a contemporaneidade.

A obra conta cun elenco de grupos e artistas de primeira fila ademais dun artista do tecido local que no caso de As Pontes será Andrés Penabad, quen achegará a súa calidade dende un concepto aberto no que se mesturarán diferentes artes: música, teatro, poesía, pintura...

Na Gala da Irmandade participa a compañía ‘Maquinaria pesada’, a banda de Alonso Caxade coa súa música ao vivo, ‘Os Quinquilláns’, Mago Teto, ‘Boneca Lareta’ de Luís Iglesia e Xabier Deive, Mónica de Nut e Ánxela Blanco, ademais dunha representación de artistas de cada localidade.