Novidades

Inicio Novidades O "Menú da Fala" chea os auditorios de Muros e Noia

O "Menú da Fala" chea os auditorios de Muros e Noia

O DAC_OutonoCultural, o programa de espectáculos que está a desenvolver a Deputación da Coruña para achegar as figuras de Castelao, Irmandades da Fala e Manuel María a un público de todas as idades en 18 concellos da provincia, chegou á comarca do Barbanza esta fin de semana cun dos pratos fortes da programación, o “Menú da Fala” de Carlos Blanco e Luís Davila, dous piares básicos no eido do humor narrado e do humor gráfico respectivamente.

A primeira localidade na que se puido ver a obra foi Muros, concretamente o sábado 3 de decembro ás 21.30 horas na Casa de Cultura.

O seguinte pase desta obra foi o domingo 4 de decembro ás 20.00 horas no Teatro Coliseo Noela de Noia.