Novidades

Inicio Novidades Padrón e Arzúa réndense ao espectáculo da Gala da Irmandade

Padrón e Arzúa réndense ao espectáculo da Gala da Irmandade

O DAC_OutonoCultural, o programa de espectáculos que desenvolve a Deputación da Coruña para achegar as figuras de Castelao, Irmandades da Fala e Manuel María a un público de todas as idades en 18 concellos da provincia, representou o venres  2 de decembro ás 20.00 horas no auditorio municipal de Padrón e o domingo 4 de decembro ás 18.00 horas na Casa de Cultura de Arzúa un dos pratos fortes da programación, a “Gala da Irmandade”, un espectáculo que tamén se poderá ver no edificio multiusos de Santa Comba o domingo 18 de decembro ás 19.00 horas.

A representación acadou un gran éxito de público nas dúas localidades.