Novidades

Inicio Novidades Centos de persoas gozaron en Ribeira coa "Gala da Irmandade"

Centos de persoas gozaron en Ribeira coa "Gala da Irmandade"

O DAC_OutonoCultural, o programa de espectáculos que desenvolveu a Deputación da Coruña para achegar as figuras de Castelao, Irmandades da Fala e Manuel María a un público de todas as idades en 18 concellos da provincia, rematou esta fin de semana con varias actuacións, entre elas a “Gala da Irmandade” que se representou o pasado venres no concello de Ribeira.

Baseándose no ideario e a historia das Irmandades da Fala, a “Gala da Irmandade” trasladou á rúa esa marabillosa unión, forza e sinerxía que supuxeron para o país unindo artistas de destaque en diferentes artes e disciplinas até a contemporaneidade.

O espectáculo contou cun elenco de grupos e artistas de primeira fila ademais dun artista ou colectivo do tecido local que estará presente na gala, achegando a súa calidade dende un concepto aberto no que se mesturarán diferentes artes: música, teatro, poesía, pintura...

Na Gala da Irmandade participou a compañía ‘Maquinaria pesada’, a banda de Alonso Caxade coa súa música ao vivo, ‘Os Quinquilláns’, Mago Teto, ‘Boneca Lareta’ de Luís Iglesia e Xabier Deive, Mónica de Nut e Ánxela Blanco, ademais dunha representación de artistas de cada localidade.