Novidades

Inicio Novidades A"Gala da Irmandade" fixo a súa última actuación onte en Santa Comba

A"Gala da Irmandade" fixo a súa última actuación onte en Santa Comba

O DAC_OutonoCultural, o programa de espectáculos que desenvolveu a Deputación da Coruña durante os meses de novembro e decembro para achegar as figuras de Castelao, Irmandades da Fala e Manuel María a un público de todas as idades en 18 concellos da provincia, rematou o pasado domingo 18 de decembro ás 19.00 horas no edificio multiusos de Santa Comba coa obra a “Gala da Irmandade”.

A programación foi posta en marcha polo organismo provincial co obxectivo de achegar as figuras de Castelao, Irmandades da Fala e Manuel María a 18 concellos cabeceira de comarca con máis de 50 representacións teatrais de balde e coa implicación do mundo cultural local a través das asociacións das localidades.