Novidades

Inicio Novidades A "Gala da Irmandade" actúa este domingo en Ortigueira

O espectáculo tamén se representará o sábado 3 de decembro ás 19.00 horas no Auditorio Cine Alovi, en As Pontes

A "Gala da Irmandade" actúa este domingo en Ortigueira

O DAC_OutonoCultural, o programa de espectáculos que desenvolverá os meses de novembro e decembro a Deputación da Coruña para achegar as figuras de Castelao, Irmandades da Fala e Manuel María a un público de todas as idades en 18 concellos da provincia, representará este domingo 20 de novembro ás 20.30 h no Teatro da Beneficiencia de Ortigueira un dos seus pratos fortes, a "Gala da Irmandade”, con entrada é libre ata completar aforo.
O pasado mércores, 16 de novembro, a actividade estivo centrada nos centros de ensino da localidade, en concreto no CEIP Xesús San Luis Romero, no que se representou “O Conto de Barriga verde” ás 10.00 h. e no Teatro da Beneficiencia, ás 12.30 h. coa obra “Retrincos de Castelao” dirixida aos nenos do IES Alfredo Brañas.
A “Gala da Irmandade” tamén se representará en As Pontes o sábado 3 de decembro no Auditorio Cine Alovi ás 19.00 horas. Ademais, os nenos dos centros educativos deste concello tamén poderán gozar o luns 28 de novembro coas obras de “O Conto de Barriga Verde”, ás 11.30 horas no CEIP A Madalena e con “Retrincos de Castelao” os alumnos do IES Moncho Valcarce, ás 16.30 na Casa do Peso.